Todas las Noticias

Aulas Sen Fronteiras chega a Tinghir

O pasado venres, 31 de outubro, o equipo de Aulas Sen Fronteiras visitou a rexión de Tinghir para se reunir co delegado de Educación, Mohamed Ben, quen mostrou un sincero interese polo desenvolvemento do proxecto en Errachidia e o seu impacto na comunidade educativa. A conversa abriu novas vías de colaboración e reafirmou a importancia de unir forzas para que a dixitalización educativa avance tamén nesta zona do sur de Marrocos.
Durante a xornada, tamén se instalaron dúas impresoras e un punto de acceso wifi nun instituto local, reforzando a conectividade e os recursos do profesorado e o alumnado.

Agradecemos profundamente a implicación do delegado Mohamed Ben e de todas as persoas que, co seu apoio, fan posible que a cooperación educativa siga a medrar.

Continuamos e continuaremos a traballar e soñar.
Sen fronteiras.