Todas las Noticias

(H)ABIAN 2030, a estratexia vasca de educación para a transformación social, estrea unha nova web

Vitoria-Gazteiz, 18/09/2023

A estratexia vasca de educación para a transformación social (H)ABIAN 2030 lanza a súa nova web http://www.habian-2030.eus. Contén toda a información relativa á estratexia, así como accións educativas para a transformación social e material pedagóxico elaborado polas entidades que forman parte dela. Ademais, tamén proporciona ás entidades que desexen adherirse a documentación e a información necesarias para o faceren.

En 2017, varias institucións públicas vascas, ONGD, organizacións e movementos sociais, e centros educativos de Euskadi comprometéronse a levar a cabo iniciativas educativas que axudasen a construír unha sociedade baseada nos dereitos humanos e a igualdade, con vínculos en Euskadi e noutros territorios.

Hoxe en día, 18 entidades forman parte de (H)ABIAN 2030 e, ao longo destes seis anos, realizaron festivais de cinema, xornadas, exposicións, obradoiros, guías e manuais ou accións de comunicación no ámbito educativo formal e non formal, que se poden coñecer a través de http://www.habian-2030.eus.

Ademais do compromiso de levar a cabo accións educativas que apoien as persoas e os colectivos na transformación das sociedades, a estratexia ten como obxectivo promover a aprendizaxe continua e mostrar a interdependencia entre o que acontece no noso contorno e o que ocorre noutros lugares afastados, pero cos cales compartimos desafíos similares.

Como sumarse á estratexia
As entidades que se adscriben a (H)ABIAN 2030 mediante o envío dun documento asinado en que subscriban os oito compromisos que inclúe a estratexia: impulsar unha educación para a transformación socia; promover pedagoxías críticas, participativas e socioafectivas; incorporar o enfoque de dereitos como elemento chave nas súas propostas pedagóxicas; fomentar a interdependencia e a conexión entre diferentes realidades; asumir a corresponsabilidade de construír a estratexia; promover a aprendizaxe continua; compartir as súas experiencias e aprendizaxes para mellorar, e participar nas comisións de seguimento e avaliación.

No novo sitio web hai unha sección onde se pode descargar o documento e instrucións para se adherir.