Todas las Noticias Preséntase a Alianza Vasca polos ODS, subscrita por 55 entidades para colaborar no desenvolvemento da Axenda 2030 11 de Outubro de 2023 por samuel O pasado 2 de outubro, o lehendakari Urkullu presentou en Euskadi a Alianza Vasca para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). O lehendakari destacou a importancia do conxunto de accións que conforman o “triplo paso”, que inclúe a creación da Axenda Vasca baseada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a declaración “Para un Contrato Social Agenda 2030 Euskadi” e a “Guía para implementar la Agenda 2030 en empresas y organizaciones”. Para a integración dos ODS en Euskadi, o “Foro Agenda 2030 Euskadi” elaborou diversas ferramentas para a súa correcta implementación. Urkullu salientou que a Axenda 2030 é necesaria para lograr o cambio na nosa sociedade. É posible encarar as adversidades e os grandes desafíos do mundo actual mediante a colaboración global e local. Publicouse a declaración “Para un Contrato Social Agenda 2030 Euskadi”, que conta con máis de 50 actores sociais. Hai cinco compromisos, que son: O reforzamento das colaboracións entre as organizacións sociais A implementación dos ODS na xestión e funcionamento interno de empresas e organizacións Divulgación e promoción da Axenda 2030 Impulsión da participación e implicación cidadá Impulsión dos principios de solidariedade e sostibilidade Modelización da experiencia vasca e favorecemento do intercambio no ámbito internacional. Tamén se presentou unha “Guía para desarrollar la Agenda 2030 en empresas y organizaciones” en que se ofrece ás entidades a posibilidade de incorporaren os ODS en tres fases potenciais: etapa de aproximación etapa de inicio etapa de maior compromiso Búscase que as empresas se comprometan coa solidariedade, a responsabilidade, a intelixencia e o interese propio, xa que cada vez se precisarán máis modelos de xestión responsable, sostible e solidaria. Ademais, a iniciativa tamén se levou a cabo grazas á colaboración con Guneak do Foro Agenda 2030 Euskadi.