Todas las Noticias

Sementando o futuro dixital en Lukula

Como parte do proxecto Aulas Sen Fronteiras, comezamos a nosa estadía na República Democrática do Congo, na provincia do Congo Central, na cidade de Lukula. Durante 10 días, acompañaremos o profesorado local co obxectivo de fortaleceren as súas competencias dixitais e abrir novas oportunidades para o alumnado. Queremos destacar especialmente o apoio da asociación Cardi, cuxa colaboración fixo posible que esteamos hoxe en Lukula a desenvolver esta formación. O seu compromiso coa educación e coa comunidade local é un exemplo de traballo transformador no territorio.

A primeira sesión celebrouse na sala Cardi de Lukula, onde traballamos en dous aspectos fundamentais:

  • Coñecer o sistema operativo TxikiLinux-ASF: exploramos a súa configuración e axustes, desde o máis básico ata detalles coma o cambio de idioma, para que cada docente poida personalizalo segundo as súas necesidades.
  • Educación infantil – Pousses Numériques (KimuDigitalak): presentamos a proposta educativa con equipos reacondicionados Toshiba Satellite e compartimos unha programación didáctica base, deseñada como modelo para que cada docente a adapte ao seu alumnado.

Alén do técnico, estas formacións son unha oportunidade para o encontro e a aprendizaxe mutua. A motivación do profesorado ao descubrir novas formas de ensinar con ferramentas dixitais é palpable e confirma que este traballo conxunto paga a pena.

O noso desexo é claro: que esta formación sexa útil, práctica e transformadora, que inspire os e as docentes de Lukula e que semente novas posibilidades para o seu estudantado.

Continuamos a traballar. Continuamos a soñar.
Sen fronteiras.