Todas las Noticias Artivismo, a creatividade como ferramenta para a transformación social 7 de Marzo de 2024 por samuel O obradoiro sobre artivismo termina cunha acción de guerrilla da comunicación no Día Mundial da Educación Ambiental. Nun mundo saturado de información e estímulos, a creatividade pode ser a nosa aliada para promovermos a reflexión e transformarmos a sociedade. O alumnado da materia de Competencias Dixitais do IES Valle Inclán de Pontevedra participou nun obradoiro centrado no Artivismo como ferramenta para a transformación social, impartido polas nosas socias de Agareso, unha ONGD especializada en comunicación social. A actividade, financiada pola Secretaría de Estado para la Agenda 2030, encádrase no proxecto Futuro en Común. O obradoiro comezou en novembro de 2023 e consistiu en tres sesións de formación en que o alumnado aprendeu técnicas como a da guerrilla de comunicación ao mesmo tempo que traballou sobre valores coma a xustiza social, o coidado do medio ambiente e a responsabilidade que temos como sociedade de construírmos un futuro máis xusto. Artivismo, a creatividade como ferramenta de transformación social – Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento (galiciasolidaria.org)